Auga

A REDE FLUVIAL
O municipio atópase dentro da bacía hidrográfica do río Limia e do seu principal afluente, o Salas, que producen os encoros de As Conchas e o de Salas, e os afluíntes dos mesmos de Fecha, Salgueiro, Fonte Nova, Promeiriño, da Portela, Causiliño, e Bargado.

A Limia Baixa, área montañosa na que o río sé encaixa dirixido pola rede de facturación, aparece circunscrita por unha serie de cordais graníticos que conforman a “raia” con Portugal (Serras do Leboreiro, Xurés, Pisco, Larouco). A análise de diversos depósitos de till, por outra parte, permitiu interpretar os procesos dominantes durante a última fase do Pleistoceno nas superficies máis elevadas da Baixa Limia baixo o dominio dun sistema glaciar. Sobre a divisoria galaico-portuguesa do NE do Xurés, a fase do máximo glaciar caracterízase pola presenza dunha capa de xeo da que partían unha serie de línguas emisarias que cunha lonxitude mínima que oscila entre 3 e 7 km (Curro, Fecha, Vilamés).
Os diversos frontes morrénicos identificados nun conxunto de arcos ( 5 no glaciar de Curro, 3 nos glaciares de Fecha e Vilamés) representan posiblemente as pegadas máis antigas nese momento no Xurés. As accións morfoxenéticas dominantes evolucionan así dende un ambiente periglaciar suxeito a procesos fundamentalmente mecánicos ata o sistema actual gobernado pola dinámica das augas de escorrentía sobre unha cuberta deforestada.
Caracterización da bacía do río Limia:
Dimensión: Área de bacía hidrográfica:2480 km2 (1177 km2 en Portugal, 47%, e en España o 53%). Extensión aproximada:108 km (67 km en Portugal, 62%, 41 km en España, o 38%).
Parámetros Geométricos: Largura media: 37.68 km
Parámetros Topográficos: Altura media: 447 m. Declive medio:19.2%
Sistema Fluvial: Densidade de drenaxe 6.29 km/km2.
O río Salas nace de varios regatos procedentes das serras de Pena e Xurés, acadando unha lonxitude de 35 km. e unha pendente media de un 2.31%.

ENCOROS:
Encoro das Conchas, un enorme lago artificial situado sobor do río Limia; rematado a finais dos anos corenta, (1949)
Encoro de Salas, construído por Fenosa a comenzos dos anos setenta (1971), sobre o río Salas, afluente do Limia.
Tales encoros asolagaron o cauce natural do río Limia destruíndo os vellos camiños, como os poldrados que sobre o Limia comunican con Porto Quintela no veciño Bande. A restitución desta vía tradicional é unha das máis intensas reivindicacións dos veciños de Muiños, que non se resisten a que as necesidades do progreso supoñan a desaparición da súa secular forma de vida.

Advertisements