MUIÑOS, CULTURA, TURISMO E MONUMENTOS

Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o padrón municipal, en 2009 tiña 1.821 habitantes (2.012 en 2003). O concello, de 109 km², abrengue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés. Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños. Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais. A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.

Advertisements