Partiremos da estrada entre Olín e a área de lecer de As Perdices, por unha pista de terra pola que ascenderemos 1500 metros ate un cruzamento onde nos desviaremos á esquerda. Seguiremos ate divisar o Castelo da Pía da Moura, ao que se acede por un pequeno carreiriño que serpentea entre as árbores e os bolos graníticos. Perderémonos entre a multitude de recovecos que forman o castelo, e escalaremos ata a Pía da Moura para cotemplar unha magnífica estampa da Serra do Xurés.
De seguido tornaremos á pista principal para descender ata o poboado fortificado da Cultura Castrexa de Os Castelos. O feito de que non estea escavado nin posto en valor, require que sexamos algo intrépidos para poder abordalo. O roteiro continua pola pista que descende ao punto de partida. Se nos queda algo de tempo, é recomendable achegarse ao Pozo Caído, unha espectacular fervenza que a natureza nos regala no inquieto e saltarín río da Montaña.









