Os Recunchos dos Mouros

Partiremos de Outeiro de Augas cara ao menhir das Catro Cruces, con gravuras prehistóricas e cruces medievais de divisións de parroquias. De seguido, chegaremos ao gran túmulo funeraio de A Mota e continuaremos ata o foxo do lobo, unha trampa de orixe medieval para apañar ao lobo logo dunha gran montaría comunitaria. Continuremos ascendendo cara a Portela de Pau divisando a gran necrópole Neolítica de Penedos da Canteira, que representa de xeito marabilloso a magnitude megalítica do planalto do Leboreiro, serra intensamente monumentalizada que alberga unha das concentracións de túmulos máis potentes do continente. En vrebe aboraremos a Portela de Pau, onde se atopa a Mota Grande, o Menhir, os dolmens, e gozaremos de esplendidas vistas neste apaixoante espazo sagrado. Durante o regreso iremos contemplando a paisaxe e observando a gran cantidade de fauna doméstica en réxime de semiliberdade, que as veces se mistura coa salvaxe: garranos, cachenas, corzos, rapaces, lobos, xabaríns.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=2492812&measures=on&title=off&near=off&images=off&maptype=T

Descargar PDF

Advertisements