A MERCA, CULTURA, TURISMO E MONUMENTOS

O concello dispón de varios atractivos culturais e paisaxísticos, que unidos á súa proximidade á capitalidade da provincia confírenlle unha función de recreo. A súa beleza natural permite o desenvolvemento de rutas de sendeirismo, complementadas con áreas de recreo, como a de Rubillós, na marxe do río Arnoia.

Ao longo deste río están os máis antigos vestixios, como os castros da Peneda da Lebre (alusión a unha ermita antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe conservada na Capela do Espírito Santo); o de Outeiro de San Marcos (situado na Mezquita, próximo á Compostela), o de Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre o Concello de A Merca e o de Celanova) e o do Monte do Castro de Olás.

Non podemos esque cer a igrexa de San Pedro de A Mezquita, declarada Monumento Nacional no ano 1931, románica con elementos de transición ao gótico. É de planta lonxitudinal e unha sola nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), antropomorfos e nun so caso unha roseta; remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa (o cordeiro mira para o Oeste, feito insólito en Galicia). Dúas imaxes velan a entrada no ángulo da cornixa e contrafortes: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita e a outra pode ser Santa Ana ou a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba amamantando aos seus lobetos e un lobo que devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con belos capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastillo, baixo o arco de descarga. O ábside, dividido por altas columnas, con tres ventás e canecillos na súa cornixa, está cuberto por dous teitos de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave, comunícase mediante un arco dobremente partido co abside, no que se observan columnas truncadas baixo unha bovedilla.

Nas súas proximidades, consérvanse sepulcros antropomorfos, así como un fermoso cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansan do sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño. A torre de San Pedro de A Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Branganza, pero sufriu diversos derrubes e modificacións, conservándose na actualidade a parte inferior. Diversas casas solariegas salpican o territorio municipal, entre as que destacan a Casa da Rapela en Salpurido e, sobre todo, o pazo de Santa María de Olás de Vilariño, cunha bela solaina voada.

Ademais, e como testemuña da súa antiga riqueza agrícola, o municipio dispón dun singular conxunto de canastros, de elevado número, na capitalidade do Municipio, que constitúen un dos máis interesantes e representativos da Galicia rural.

En relación ás festas, é coñecido o Entroido de A Mezquita, que dura dous días, e no cal os “galos” bailan polas rúas xuntándose cos “mecos” de Froxás das Viñas. Estes últimos, presentan unha singular persecución co público asistente aos actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática.

Ademais, existen outras festas patronais, sendo a principal a festividade do Espírito Santo.

Advertisements