VEREA, CULTURA, TURISMO E MONUMENTOS

Xeomorfoloxía

O concello de Verea abrangue unha superficie de 94’6 km2, no que se ubican 1300 habitantes distribuídos en 40 lugares de poboación.

O maior parte do territorio do concello atópase encravado entre dúas unidades xeográficas claramente diferenciadas: as Terras de Celanova cuxas augas verten ao Arnoia e a Baixa Limia inténsamente modelada polo río Limia e os seus afluíntes. Unha boa parte dos terreos de Verea sitúanse na Serra do Leboreiro, vasto planalto de orixe Paleozoico, aplanado por un casquete glaciar perante a a glaciación Würm. Unha faia de direción NO-SE ao leste do río Grande divide o municipio, cuxo límite coincide polo sur coa divisoria de augas entre o Limia e o Arnoia. Os principais recursos hídricos do concello son aportados polos ríos Grande, Cexo e Orille, todos afluíntes do Arnoia e famosos antano pola súa pesca.

Un dos montes máis emblemáticos do concello formao o Monte Penagache, na estribación norte da Serra do Leboreiro, con formacións xeolóxicas de gran interés científico.

En Xeral, Verea, presenta unhos solos con boas aptitudes para os cultivos agrícolas, xa que os solos sobre xistos teñen unha boa profundidade. Os terreos sobre materiais graníticos presentan chans xóvenes e con gran facilidade para a perda de auga por drenaxe, dado que teñen unha alta porcentaxe de partículas grosas, feito que aumenta a súa porosidade. Polo tanto, os solos costuman ser ben drenados, con sedimentos e xistos metamorfizados ricos en sílice. Presentan unha granulometría areosa ou areolimosa con textura de po en estado seco, pero cunha elevada permeabilidade e aireación, predominando os solos Ranker e Terras Pardas.


A meirande parte do territorio de Verea presenta un clima oceánico de montaña, con dous ou tres meses de aridez estival e invernos fríos con moitas xeadas. As precipitacións son elevadas, rondando os 1400 mm por cm3 anuais e determinadas polo eixe das serras do Arnedo e Leboreiro que paran as nubes que proveñen do mar e descargan na zona.


A vexetación predominante está formada por multitude de carballeiras (robur e pireanaica), piñeirais de repoboación e bosques de ribeira con predominio de: amieiros (alnus glutinosa), salgueiros (salix sp) e bidueiros (betulea celtiberica). Tamén abundan zonas de matogueira con ericaceas, xestas, toxeiras e vexetación arbustiva.

Contexto histórico

As diferentes evidencias arquelóxicas e xacementos que se van documentando ao longo dos anos son os elementos que nos axudan a confecionar o pasado remoto diste teritorio. Dese xeito, temos referenzas históricas da presenza humana na terras de Verea desde o Neolítico. Este período histórico que abrangue o IV e III milenios antes da nosa era conta cun magnífico legado na Serra do Leboreiro, onde se sitúan varias necróples megalíticas: Penedos da Canteira, Mota Grande e Outeiro de Ferro, entre outras. Tamén nos límites da Serra do Arnedo, ubícanse unha boa cantidade de mámoas na divisoria de augas entre o Limia e o Arnoia. Na zona da Parroquia de Santiago de Verea temos documentada a necrópole megalítica do Outeirón, con tres mámoas que se distribúen preto do Camiño da Raíña Santa. De momento non se documentaron na zona gravuras ou motivos abstractos asociados ao Calcolítico Final-Idade do Bronce, que se soen concentrar nas cercanías das brañas e nos penedos distribuídos a carón das necrópoles megalíticas. Na Idade de Ferro, prosegue o devir histórico das terras de Verea, organizándose poboados castrexos, situados en cúmios con boa visibilidade e boas condicións defensivas, ás veces incrementadas con unha ou máis muraias pétreas, destacando o Castros de Cexo, o Castro de San Pedro e Os Castros da cividade. Este xacemento está protexido por un potente esporón natural que forma o río Ourille, proteción que se complementa cun recinto totalmente amuraiado e un triple foxo no seu lado máis vulnerábel, o suroeste.

Nas terras de Verea, tamén aparecen restos dispersos asociádos á época romana, coma no castro da Cividá con indicios de ter sido amplamente romanizado. Ademáis, detectáronse estructuras murarias e restos materiais romanos na zona de O Bulrrón e preto de Carballo no lugar coñecido como A Perdida. Restos da rede viaria romana témolos na importante vía de comunicación que ía de Aquis Querquernis a Aurea. Esta vía entraba no concello de Verea polo Vieiro e continuaba circulando a media ladeira por A Portela, Laioso, Gontán e Canón ata Celanova. É previsible que durante o dominio romano da Península Ibéria, este ramal da Via XVIII, tivese un gran tránsito de viaxeiros e comerciantes que se establecerían á beira ou nas inmediacións da calzada romana.


Na idade media seguíuse empregando con forza este importante eixo de comunicación cun intenso tránsito de peregrinos a Santiago, que viñan fundamentalmente de Braga. O camiño chamado da Raínha Santa ou de San Rosendo, emprega, nalgúns tramos, o espazo de dúas antigas vías romanas: unha da rede viaria primaria, a XVIII, que unía Brácara con Astúrica; e outra da rede secundaria que unía a Querquernia, con Auria e Lucus Augusti. No ano 1255, o itinerario foi empregado pola Raínha Isabel II de Portugal, para peregrinar a San Salvador e a Santiago de Compostela. Nos albores Século XII, o Abade de San Salvador de Celanova e o prior dos Cabaleiros Templarios de San Munio de Veiga, acordaron a construción dun hospital de peregrinos en A Portela (Verea), do que non quedan restos.


Como patrimonio etnográfico da parroquia de Santiago de Verea, podemos destacar as numerosas mostras de arquitectura popular das aldeas, nas que se atopan os petos de ánimas, fornos, cruceiros, fontes, lavadoiros e outras construcións tradicionais. O patrimonio etnográfico compleméntase cos muíños hidráulicos dos diferentes regatos, sobre todo o Ourille, e os camiños vellos delimitados por muros pétreos que unían as aldeas da parroquia.

Advertisements