ENTRIMO, CULTURA, TURISMO E MONUMENTOS

Entrimo atópase situado o Sul de Comunidade Atónoma de Galicia, na rexión suroccidental da provincia de Ourense, en estreita relación cos territorios fronteirizos de Portugal. Forma parte da Comarca da Baixa Limia, xunto cos municipios de Lobios, Muíños, Lobeira e Bande.

Conta cunha superficie aproximada de 8.543 Ha. de orografía montañosa e altitude media de 511,40 m. sobre o nivel do mar. Os seus líndes xeográficos son:

NORTE: Concello portugués de Melgaço
SUL e ESTE: Concello de Lobeira (1.200 m.) e río Limia, linde natural co concello de Lobios. Encoro de Lindoso no extremo Sul.
OESTE: Río Barcia o Castro de Leboreiro, linde natural co concello portugués de Arcos de Valdevez.

Entrimo está definido por dous sistemas montañosos de importancia na zona, as serras do Quinxo (extremo Occidental) e de Queguas (extremo Oriental), accidentes xeográficos que definen o marco territorial de estudo. Ademáis, o concello está recorrido polo Río Limia na súa dirección Oeste-Este, se ben de Norte-Sul e atravesado polo río Barcia, o Castro de Leboreiro e o río Agro.

Advertisements