NACEN OS PREMIOS ( OURO AZUL )

Nace  un galardón en recoñecemento ós defensores da Auga.

Non fai falla fixarnos moito para darnos conta da cantidade de vertidos residuais químicos e  fecais que lle aportamos diariamente os  nosos ríos e  acuíferos, infectando, contaminando e destruindo todo o seu hábitat; convertendo a Auga nun elemento inerte, sen vida, como o acontecido este ano pasado no encoro das Conchas, onde por aportacións excesivas de puríns, augas fecais, nitroxenos e una prohibitiva cantidade de IDAS contaminaron hectómetros e H3 de Auga. Chegando a xerar e activar  a cianobacteria microcystis, convertindo ese represamento nunha auténtica fosa séptica, nunha cloaca de Auga podre e en resumidas contas Auga non permitida para beber, nin para o baño, nin para respirar polo insoportable olor que desprenden as algas da cianobacteia na sua descomposición.

O cambio global  creado, natural ou artificialmente está aiquí e temos que ser conscientes delo, temos que despertar e comprobar  en que estado de abandono, explotación e contaminación,  estamos  a someter a Auga, posto que todas esas influencias negativas que xeremos sobre ela, afectan directamente sobre a biodiversidade,  o medio onde  vivimos.
E por eso na cidade da Auga, na cidade do Ouro, en Ourense, nacen os premios á Auga, os premios ó Ouro Azul, unha estatuiña de aceiro e cristal que simboliza o respecto á Auga e que será otorgado a quen dunha forma positiva traballe e loite por preservar e manter este Elemento o Ouro Azul vivo e no seu estado Nivelínico.
A partir de agora, o 22 de Marzo, coincidindo co día mundial da Auga, aquí en OURENSE, A CIDADE DA AUGA a CIDADE DO OURO, a CIDADE DO OURO AZUL, farase a entrega deste galardón, como neste primeiro certamen,  onde Asociacións  Veciñais do Encoro das Conchas e a Plataforma da Baixa Limia (Prabali) galardonaron co premio OURO AZUL 2011 ó biólogo, D. Eduardo Costas Costas, catedrático da Universidade Complutense e á Facultade de Veterinaria  da mesma Universidade de Madrid, polos traballos realizados coas analíticas e seguimentos periódicos do desenrolo da cianobacteria  aeruginosa  microcystis  nas
Augas do Limia
Advertisements