ROTEIRO DO MONTE GRANDE

O Eco-Espazo do Monte Grande posúe un elevado valor ambiental e monumental. A nivel natural está formado por multitude de espécies características do bosque atlántico, onde non faltan carballos, amieiros, bidueiros, sanguiños, pradairos, capudres, salgueiros, ucieiras, xestas, arandos… Preto de 2.000 hectáreas de elevado valor forestal, pola gradual venta das súas espécies madeirables coma o piñeiro roxo (pinus silvestris) e o piñeiro do país (pinus pinaster). A área de lecer do Iermes amósase coma un punto de relax e disfrute de calquera roteiro que se realize polo Monte Grande. Agochado no bosque, atópase o valiosísimo patimonio cultural que nos deixaron os nosos ancestros: as mámos do Arando, testemuña dos enterramentos de sociedades agro-pastorís de hai 5.000 anos; os petrogifos do Arieiro, herdeiros de rituais relixosos de culto ao sol da Idade do Bronce e o foxo do lobo de As Covateiras, senlleira trampa para apañar lobos ao longo da Idade Media.

http://gl.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=2703762&measures=on&title=off&near=off&images=off&maptype=T

O ROTEIRO
Partiremos da pista que arranca á dereita do Fonte do Foxo en direción leste, ata percorrer dous km para chegar ás gravuras rupestres do Arieiro, con representacións simbólicas e círculos concéntricos da Idade do Bronce.

Seguindo cara ao norte chegaremos ás mámoas do Arando, túmulos funerarios Neolíticos con cámara de inhumación. Desde as mámoas desviarémonos apenas medio km para contemplar o foxo do lobo de As Covateiras, e voltar ao mesmo camiño polo que se acede á pista principal do Monte Grande.

Descenderemos dous km par virar á esquerda e seguir direción sur ate chegarmos á area de lecer do Iermes, onde se ubica unha fonte, un merendeiro e un pequeno lago. Seguindo o roteiro principal en un km chegaremos ao punto de partida.

Durante o percurso iremos contemplando a gran cantidade de espécies arbóreas do Monte Grande, e onde estas no-lo permitan, a paisaxe das serras circundantes. O bosque alberga gran cantidade de fauna salvaxe, onde destaca o lobo, e se agocha todo o seu alimento: corzos, xabaríns, teixugos, garduñas, cuellos… Á par do lobo, e despregando a súa astucia, tamén é frecuente que nos atopemos coa raposa, acompañados dun agradable concerto de todo tipo de sinfonías: rousiñoles, pica-paos, papo rubios, pombos.

Descargar PDF

Advertisements