A ÁRBORE DA VIDA

(Foto: Alfonso Soto Freire)

Xabier Limia de Gardón

Cando comezo a escrita desta xeira de Follas do Bosque é o Día da Santa Cruz. É 3 de maio: volve a ser festivo en Ourense (serían en verdade os da ‘sección’ do Bloque que comparten o poder cos Socialistas dende a ‘Concellería de Cultura, festas e festival de cine’ ?). “La Cruz es el verdadero árbol de la vida”, dixit Benedicto XVI o Domingo de Ramos de 2009, lembranza na liña do que adoita dicir o tradicional maxisterio da Igrexa. Non é o 14 de setembro, o día da súa ‘Exaltación’, senón o da ‘Invención’, palabra latina que ten o significado de descrubremento, que sempre leva unha compoñente de invención. Así é tamén neste primeiro artigo / folla.

Dende a antigüidade, o Maio é a Árbore florecida, que se transforma / transmuta no Imperio Romano da Baixa Época en Maio-Cruz, cando aboia o Cristianismo a comezos do século IV (foi o emperador Constantino como é coñecido quen lle deu a liberdade os partidarios desta relixión prohibida no 313). Alí deu coa Cruz de Cristo, entre outras dúas, Santa Elena, a súa nai (A Vera Cruz é dende aquela unha afortunada advocación). Pola Lex Romana Visigothorum (Rei Tecesvinto, 654) sábese que esta era unha gran festa, unha das más importantes da liturxia naquela altura, mais a data do seu inicio semella ser anterior, claro. Neste día tres a cruz é decorada de xeito especial, coidadoso, con elementos vexetais, verdes. Achámonos pois nunha festa de exaltación da natureza, nunha expresión de espranza dos froitos futuros do vran, unha festa onde triunfa a vida, o que é o mesmo que dicir que este é o mes do amor.

Nun famoso santuario de Cantabria, sito en Liébana, entre as montañas, venérase un brazo enteiro da Santa Cruz, que trouxera de Xerusalen Toribio, o santo Bispo de Astorga. Temos estado alí, en peregrinación dende a cidade de León, con un amigo, e foi realmente emocionante cando nos achega ún a ún, de xeito privilexiado, ata ela logo dos varios días de intensa e esixente camiñata. Na Basílica – Catedral de Ourense, en Santa Cruz da Rabeda e Santa Cruz en Melón -por deixalo en tres: o número do día- é festa litúrxica. Mais podería ser algo distinto, como en Granada, onde se xuntan con aire festivo laico en torno ás prazas, onde o cruceiro é o centro, entre frores e música. Así o recollen na plástica do pasado século Prego de Oliver, Baltar ou Virxilio. Por certo, para cando unha árbore metálica, broncínea ou non, que perennice a data da árbore sacra no ‘Bosque Máxico’?.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s