CAMIÑO DA RAÍÑA SANTA. Tramo 2 (As Conchas-Alto do Vieiro)

VER CONTEXTO HISTÓRICO EN Tramo 1 (Portela do Home-As Conchas)

http://gl.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=3276235&measures=on&title=off&near=off&images=off&maptype=T

O ROTEIRO

Desde a Presa das Conchas (en territorio do concello de Lobeira), prosegue o camiño da Raíña Santa, pasando polas aldeas de Tedós, Ermille, Os Chaus e Fradelevite, faldeando os sopés da Serra de Motas e Viso. A partir dos Chaus, deixa o trazado da Via XVIII, internándose nunha espectacular congostra para desenvolverse por unha vía romana secundaria que unía a Quaquernia (Bande) con Ourense. Xa nas Terras de Bande, chega ao templo Galaico-visigótico de Santa Comba de Bande, pequena xoia arquitectónica do século VII, para seguir polas aldeas de Quintela, Lobosandaus e ascender ata o cruceiro de Vilela, baixo o dominio do castro de A Croa. Bordeando o Monte de Pena Maior, coroado cun castriño, accede entre carballeiras e soutos centenarios ás aldeas de Souto, Pazos e Rubiás, para cruzar o río Cadós, ao pé dun peto de ánimas porticado na Ponte Cadós, e ascender ata Recarei, Sarreaus e o Alto do Vieiro, pasando á beira do Castro homónimo e con grandes vistas sobre o concello de Bande e o Monte Grande.

Advertisements