CAMIÑO DA RAÍÑA SANTA. Tramo 3 (Alto do Vieiro-Parderrubias)

VER CONTEXTO HISTÓRICO EN Tramo 1 (Portela do Home-As Conchas)

http://gl.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=3276569&measures=on&title=off&near=off&images=off&maptype=T

O ROTEIRO

Desde a fonte do Vieiro, comeza o descenso ata Celanova por terras do concello de Verea; así, pasa a beira do Cruceiro de Santa Eulalia, ascende ata as mámoas do Outeirón, e bordea a media ladeira os Montes de Pena Edra, entre as aldeas de Gontán, Canón e Casasoá, onde comeza un forte descenso ata o Mosteiro de San Salvador de Celanova, que alberga un magnífico claustro barroco e esconde unha fermosa capeliña mozárabe. Desenvolvéndose por terras do concello de Celanova, aborda o amoreado medieval de Vilanova dos Infantes, dominado pola torre de homenaxe dunha antiga fortificación medieval e baixo a atenta mirada dos Coelerni ubicados en Castromao. Prosegue descendendo entre as aldeas de Carfaxiño e Viveiro, pola vertente oeste do río Orille ata a Ponte Grande, onde atravesa o río Arnoia na ponte da Barxiña. Unha vez cruzado o Arnoia, intérnase no territorio de Cartelle e, pasando por Ulfe, chega ata o santurario relixoso de As Marabillas, cuxas instalacións gozan de gran culto popular. A partir deste punto, o Camiño da Raíña, entra no seu último tramo polos terreos do Bosque Máxico, desenvolvéndose por domínios do concello de A Merca, bordeando A Manchica e a aldea de Parderrubias, esta cun interesante núcleo tradicional. O camiño prosegue polo concello de San Cibrao das Viñas, ata divisar o Miño e entroncar coa Via da Prata en Ourense.

Advertisements