Roteiro do Corgo da Fecha

O roteiro comeza ao pé das instalacións termais de Baños de Río Caldo. Pouco despóis de comezar a camiñata, atopámonos coas ruínas dunha vila romana que deixa á vista os restos dun hipocaustum de ladrillo que formaba parte do sistema de calefación da casa . Continuaremos polo trazado da Vía Nova (vía romana XVIII) ata un cruce onde se atopa un Peto de Ánimas, e o río Caldo cos muíños tradiconais na súa beira. Logo de 90 metros, deixaremos a pista de terra e desviarémonos á esquerda por un sendeiro sinalizado con marcas brancas e marelas, para encontrarnos cos muros da vía romana que unía as cidades de Bracara e Asturica no Imperio Romano. Neste punto, agóchase a primeira piscina natural do Corgo da Fecha, unha fermosa poza redonda e profunda chamada “Poza da Serpe”. Ao longo do río descubriremos multitude de pequenas e máxicas piscinas cheas de luz e cor ate chegar ao cono de dexeción do río, onde a forza do río arrastrou enormes bolos graníticos. Resulta indescriptible o placer de nadar sobre un fondo cristalino, onde se precipita unha sucesión de fervenzas cuxas augas salvan 200 metros de desnivel. Voltando ao sendeiro principal, comezaremos unha dura ascensión pola marxe esquerda do río ate chegar á rotura de pendentes do mesmo, onde comezan as fervenzas. Continuaremos polo sendeiro para aceder á Insua do Curro, onde se ergue á Cabaniña do Curro, antigo refuxo de pastores para protexerse dos rigores do frío e da noite, e do lobo. O descenso farémolo polo mesmo camiño, disfrutando das excelentes vistas á Serra de Santa Eufemia e ao Val do Río Caldo.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=2493146&measures=on&title=off&near=off&images=off&maptype=T

ACESOS:

Situados no Bosque Máxico hai que seguir a Estrada 540 (Ourense-Lindoso), ata a Ponte da Malleta que cruza o río Limia para chegar á vila de Lovios. Seguimos a estrada á fronteira de Portela do Homem, ata a poboación de Río Caldo. Antes de atravesar o río hai un desvío a esquerda onde unhos cartaces indican: Vila Romana e Balneario, por onde nos teremos que meter roximadamente 1 km. ata unha barreira de madeira onde deixaremos o vehículo.

Descargar PDF

Advertisements