Roteiro Megalítico do Val do Salas

O Roteiro Megalítico do Val do Salas sumérxenos na prehistoria recente do noso país, é un percurso por unha paisaxe prehistórica que precorre as míticas terras onde hai 5000 anos se estableceron os primeiros agricultores e gandeiros de Galicia. Estes individuos da avanzada sociedade neolítica, ergueron os seus monumentos funerarios, deixando testemuña dun incipiente culto relixioso polo astro rei e crenzas que van mais alá do seu paso polo planeta.

http://gl.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=3494863&measures=on&title=off&near=off&images=off&maptype=T

Descripción
Comezaremos na presa do Salas, á beira da “Casiña da Moura”, un potente dolmen que foi trasladado do seu emprazamento orixinal cando se construíu a presa a finais da década dos 60 do século XX. A contención das augas do Val do Salas por esta xigantesca mole de cemento asulagou unha inxente cantidade de Patrimonio Arqueolóxico.
Cruzaremos o muro de formigón para chegar ao dolmen da “Casola do Foxo”, un pintoresco dolmen rodeado dunha fermosísima paisaxe de auga e picos montañosos. Entraremos nunha pista que circunvala o encoro, fixándonos nas curiosas formacións caóticas de bolos e bloques diaclasados ás que a auga vai modelando. Se nos atopamos en época estival poderemos disfrutar das limpas augas do encoro de Salas, de momento libres de contaminación. De igual xeito, en temporada de pesca o Salas proporcionaranos magníficas capturas de troitas e bogas aos pescadores experimentados.
Novamente, atravesaremos o Salas na ponte de Guntumil, para acceder á necrópole megalítica de Outeiro de Covaladre, onde observaremos dous enterramentos neolíticos escavados na década dos 90 polo profesor José María Eguileta Franco. Logo continuaremos bordeando o encoro ata chegar a Maus de Salas, onde poderemos beber auga fresca e contemplar unha mostra da Arte Popular Galaica representada no cruceiro pétreo de As Maus. Se as augas do encoro están baixas, descenderemos ata o mesmo para explorar unha mámoa á que as augas foron descarnando para deixar á vista as súas entrañas neolíticas.
Continuando desde aas Maus de Salas, abordaremos o último tramo do roteiro, observando sempre de frente as agrestes formacións dos Picos de Fontefría, onde águias reais, cabras montesas e lobos, son os donos absolutos destes bosques centenarios.

Advertisements